Casa Fontequeiroso
Este establecemento, un dos máis próximos do Camiño de Fisterra - Muxía, conta cun total de 6 habitacións adaptadas para discapacitados...
Ola, somos Mari Carmen, Anxo e Samuel,
Queremos que descubras Casa Fontequeiroso, o noso contorno que propicia a calma, o repouso e o bo vivir. Encántanos gozar da maxia, o encanto e a quietude que nos rodean, co mar e a natureza como únicos ruídos de fondo. Queremos facerte sentir, gozar, descansar e vivir.
Buscamos a esencia da sinxeleza... do espazo... do tempo... os nosos luxos son estes.
A calidade pola que apostamos é a da hospitalidade, a dos pequenos detalles, a que ti poidas sentir e da que poidas gozar. Porque as túas vacacións son moi importantes para nós. Esperando sempre volver verte pronto pola nosa casa... a túa casa.
Samuel, Anxo y Mari Carmen.
Prepara a túa escapada romántica de turismo rural nunha de nosas suites con jacuzzi en Costa da Morte. Sorprende á túa parella nun aloxamento rural de luxo e con encanto en Galicia. Ou para familias que queren relaxarse.
Este establecemento, un dos máis próximos do Camiño de Fisterra - Muxía, conta cun total de 6 habitacións adaptadas para discapacitados...
Casa das Fiadeiras de Nemiña, é unha antiga casa de pedra de arquitectura tradicional galega, en plena Costa da Morte, preto da praia de Nemiña...
A escasos metros do hotel rural Casa Fontequeiroso, poñemos á vosa disposición a Casa de Anxo e Samu, unha preciosa casa de pedra moi acolledora...
Desde Casa Fontequeiroso recomendámosche varias experiencias que poderás contratar en liña, mentres dure a túa estancia connosco. Actividades como canoaxe, kaiak, rafting e outras moitas están a esperarche.
Casa Fontequeiroso participa co proxecto Senda das Estrelas, no que se uniron diferentes profesionais do turismo que vivimos e traballamos en distintos puntos desta marabillosa zona para ofrecerche unha viaxe diferente a través dunha senda circular.
E se a Costa da Morte puidese converterse para vós, parella, na Costa romántica? Imaxinade que vos espera unha habitación decorada con mimo para vós, coa súa botelliña de cava e os seus bombóns... Imaxinade unha cea romántica á luz das candeas... Nós encargámonos de facelo realidade. Prezos desta experiencia segundo habitación: Habitaci&oacut…
+ infoQue o tempo pare só para vós. Que poidades gozar dunha suite ou toda una casiña con jacuzzi, decorada con meco para vós. Que vos levemos cousas ricas para compartir sen saír da vosa habitación ou da vosa casa… Unha ensalada rica… Un pastel de peixe e un paté da terra sobre unhas torradas quentiñas… Una táboa de queixos variados coa súa froita e marmelad…
+ infoA Casa de Anxo e Samu vos espera para unha ocasión especial. Esta casiña, xa acolledora de por si, serao inda máis cunha decoración romántica feita con meco; cos seus pétalos de flores, a súa botella de cava e os seus bombóns. Un día é un día, e queremos que vivades ese día na Casa de Anxo e Samu.
+ infoNemiña engancha. Sabémolo e queremos que o sintades vós tamén. Queredes aproveitar un pouco máis a nosa marabillosa praia, as nosas rutas, a nosa tranquilidade? Quedade unha noite máis. Propoñémosvos o aloxamento dúas noites cunha cea incluída por un prezo especial, e por suposto o noso rico almorzo!
+ infoA praia de Nemiña converteuse, nos últimos tempos, nun dos areais máis famosos de Galicia pola calidade das súas ondas e, xa que logo, nun referente para todos os afeccionados ao surf. Polo seu areal duns 800 metros, a mar aberto e vento frecuente de compoñente norte, moitos surfistas do panorama nacional, e incluso mundial, consideran esta praia como un dos enclaves turísticos perfectos para…
+ info