Un pobo é o que come e come o que é; iso é a miña cociña, o resultado do meu pobo e o gran reclamo de algo que para min se converteu no meu modo de vida, case que na miña relixión.
Resulta difícil definir aquilo que na súa xénese non aspira a ser definido, case nin entendido, senón gozado e vivido. A miña pretensión non vai máis alá da sinxeleza, do respecto ao propio e do deleite que sente unha ao ver a cara dun comensal ante un prato que gustou e que quizais, inda que só sexa por uns segundos, o trasladase a outro tempo, tal vez á súa infancia.
Porén, para aqueles e aquelas que non coñecedes Fontequeiroso y que estades valorando a posibilidade de vir visitarnos, direivos que si hai certas normas que definen a miña maneira de facer. Para vós, este é o meu decálogo:
- A miña cociña é unha cociña con identidade. Úsanse en maior medida produtos locais.
- Predominan as carnes galegas, en moitas ocasións da granxa familiar.
- A miña cociña busca innovar e reinventarse sen deixar de lado o pasado.
- Na miña mesa, abundan os alimentos ecolóxicos e sostibles.
- Nos meus pratos, A Costa da Morte está representada a través de peixes e mariscos.
- A calidade e a abundancia si van da man.
- Respecto á estacionalidade dos produtos.
- Recuperación de receitas tradicionais como as empanadas de millo.
- A sobremesa, a conversa e os licores galegos son parte da miña filosofía.
- As tradicións e as festividades locais, como o Entroido, deben ter a súa representación nos meus pratos.
Almorzos
Os nosos almorzos para empezar ben o día:
Sen présas, devagar, #slowfood
- Torradas de pan de aldea, marmeladas artesás, manteiga, aceite de oliva, bolos artesáns, froita de tempada. Café, leite, cacao, etc.
- Queixos galegos, embutidos, prato elaborado (tortilla de ovos con patacas, filloas…).
Ceas
Despois dun día de deleite pola zona, ofrecémosche a posibilidade de gozar das nosas ceas con produtos da zona e a nosa man que bebe da cociña tradicional.
Só cociñamos para os nosos hóspedes, baixo pedido, polo que che agradeceríamos que nos avisases antes da túa chegada.
A ter en conta:
- Prezo do menú (primeiro prato, segundo, sobremesa, café e licores): 25,00€/pax.
- Nos menús non está incluída a bebida.
- O horario de ceas é ata as 21:00 h (entrada ao comedor).
Reserva directa connosco, mellor prezo garantido!
RESERVAR AHORA